Cargando imaxes...

Archivo de septiembre 2019

Visita guiada á mostra “13 Estampas da Traizón”

Francisco Franco nun debuxo de Luís Seoane do álbum Estampas de la traición

O próximo xoves 10 de outubro ás 18:15h a Asociación Musical Solfa realizará unha visita guiada á mostra “13 Estampas da Traizón” que se exhibe nas salas do Pazo de Fonseca da USC, situado ao remate da rúa do Franco, preto da praza do Obradoiro..
A exposición está organizada pola Fundación Luís Seoane e a Universidade de Santiago e comisariada por Mª Antonia Pérez que será a persoa que nola explique. Céntrase na participación de Luís Seoane na campaña de propaganda de guerra levada a cabo pola II República e orientada cara ao exterior, así como na intervención que nesa campaña tiveron outros artistas galegos exiliados en Arxentina, como Castelao ou Maruja Mallo.

É de interese visitar esta mostra porque veremos os primeiros pasos na plástica dun pintor, Luís Seoane, que desde a década de 1960 ten obra nos mellores museos do mundo, pola considerábel “presencia” nela de Castelao ou porque recupera a nosa terxiversada e silenciada memoria histórica e permite constatar o papel senlleiro que tiveron os artistas galegos na propaganda internacional que realizou a II República.

Prego confirmación ben no correo luciacarreira@mundo-r.com ou no teléfono 676675030. Seguro que vos interesará.

Máis información na web Historia de Galicia

Aberto o prazo de matrícula na Escola de Música de Solfa curso 2019/2020

 

Do día 12 ao 24 de setembro, de 17.00 a 18.00h atenderemos no Centro Sociocultural das Fontiñas a todas as persoas que queiran formar parte da Banda de Música ou Grupo instrumental, Coro de adultos, Pandeireta, Baile tradicional ou recibir clases individuais de instrumentos: clarinete, saxo, frauta, óboe, bombardino, trompeta, trombón, percusión, e solfexo durante o curso 2019/2020

Teléfono móbil de información: 676675030 (de luns a venres de 17 a 20 h.)

Informacion da matrícula, horarios, cotas, oferta musical