Archivo de 2020
Terceira edición dos Cantos de taberna
O próximo sábado 7 de marzo ás 20 horas no Centro social Sagrada Familia na rúa Sagrada Familia nº 26 da Coruña, terá lugar a 3ª edición dos Cantos de taberna onde acompañaremos ás Cantareir@s.comTIGO e mais ao Grupo de Música Tradicional A Rexouba.
En colaboración coa Deputación da Coruña, o Coro da Asociación Cultural e Musical Solfa, dirixida por Francisco Tobar interpretará:
- Carballos de Carballido (Letra: Eduardo Pondal; Música: Alberte López Porta; Arr: Francisco Tobar)
- Has de cantar (Letra: Roslía de Castro; Música: Antonio B. Celada)
- O maio (Letra:Manuel Curros Enríquez; Música: L.E.Batallán; Ar: Plácido Travieso)
- María Soliña (Letra: Celso Emilio Ferreiro; Música: Antonio Paz Valverde, Arr.: Francisco Tobar)
- Xota de Lira ( Popular galega; Arr.: Francisco Tobar)
Día de Rosalía de Castro 2020. Ambos errantes polo mundo andamos!
O domingo 23 de febreiro, ás 12:00 horas, terá lugar o acto central do Día de Rosalía, con entrada libre, no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela.
Ambos errantes polo mundo andamos, dixo a muller. Daquela, as xentes silenciadas, ás que lle roubaran ata as palabras, recuperaron o alento. Fixérono de golpe. Souberon decontado o que eran, o que somos. Transmatria errante nunha humanidade errante. Seres humanos que vagaron e vagan; que pularon e pulan; que morreron e morren na procura do pan e da liberdade. Logo, a muller aquela, desafiando leis masculinas, sentenciou: Toda a terra é dos homes e das mulleres. Toda a terra.
– Saúda do Presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias.
– Lectura do Manifesto da AELG por Daniel Asorey.
– Lectura de poemas rosalianos
Jakson Renner Rodrigues Soares
María Novoa
Concha de la Fuente
Alexandre Espinosa
Imma António Souto
Miguel Pernas
Marilar Aleixandre
Pilar Astray
Miguel Fariña
Mercedes Queixas
– Coral da Asociación cultural e musical Solfa que interpretará:
- O maio
- Has de cantar
- Carballos de Carballido
- Na morte de Castelao
– Ofrenda floral
– Interpretación do himno
Exposición Galiza no mundo
O xoves, 6 de febreiro, ás 17.30h no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura realizarase unha visita guiada á exposición Galiza no mundo
A exposición ‘Galicia un relato no mundo’ reune 3.000 pezas cun “elevado valor simbólico e que resultan esenciais para comprender a cultura e a identidade galega no marco histórico internacional e que nunca se exhibiron na Galiza”.
Poderáse ver: O libro das Invasións, contemplaremos un dos primeiros mapa mundi enciclopédicos europeos e que representa a Catedral de Santiago como o edificio máis importante de Europa, Conta con dous códices calixtinos, a Santa de Asorey, unha das obras máis relevantes da arte galega…A través da realizade virtual, poderás facer unha viaxe nun trassatlántico da emigración galega a América, …
Toda a información sobre esta importante exposición que organiza a Xunta de Galicia e Fundación Cidade da Cultura en: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/galicia-un-relato-no-mundo
Visita guiada á Exposición NÓS de onte a hoxe: 100 anos de historia
A A.C. O Galo e Asociación Cultural e Musical Solfa, convidámosvos a unha visita guiada á Exposición NÓS de onte a hoxe: 100 anos de historia», organizada pola Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura. Con ela conmemórase o centenario dunha iniciativa singular e decisiva na historia contemporánea da Galiza: o nacemento da revista Nós, revista de alta cultura que coloca a lingua, as artes e a ciencia galegas nun nível privilexiado de calidade, e cuxo primeiro número ve a luz o 30 de Outubro de 1920.
A exposición leva como lema: SER DIFERENTE É SER EXISTENTE, e realiza un percurso pola significación e a obra dos seus principais persoeiros: Vicente Risco, Castelao, Ramón Otero Pedraio, Ánxel Casal… con atención especial, e lóxica conexión xeracional, á figura de Ricardo Carvalho Calero, dedicatario do próximo Día das Letras Galegas 2020, testemuña excepcional desta época e estudioso constante da obra do Grupo Nós.
O próximo venres, 10 de xaneiro de 2020, ás 18:00 horas, no Museo do Pobo Galego, onde se encontra a exposición, comezarase coa proxección do audiovisual de 7 minutos, que acompaña e completa os textos. A seguir, o profesor Carlos Bernández, comisario da exposición, fará unha visita guiada, que durará sobre unha hora.