Archivo de junio 2023
O 8 de xullo X Convivio da Cultura Galega
O 8 de xullo, sábado, celebramos o CONVIVIO DA CULTURA GALEGA. Este ano será a décima edición.
Xornada de encontro e festa na carballeira de Santa Isabel, en Outeiro de Rei, ao pé do río Miño.
O Convivio terá a seguinte programación:
11.15 Acollida na horta da Casa-Museo Manuel María coa coral Solfa
11.45 Saída a pé para a carballeira de Santa Isabel con parada no cemiterio de Outeiro para realizarnos unha ofrenda a Manuel María e Saleta.
12.30 Actuación na carballeira da Banda de Música Sons e Soños de Rábade, Begonte, Outeiro e Friol, dirixida por Armando Morales, e acompañada pola voz da fadista galega Iria Estévez e o guitarrista portugués Artur Caldeira.
13.45 Xantar de convivio (Se nos avisan antes do mércores 5 de xullo, ás 20 horas, podemos reservar sitio nas mesas e cadeiras que imos pór na carballeira para o xantar).
16.30 Foliada que conducirá Xurxo Souto na carballeira coas actuacións de Birloque Gaiteiros, Vento Mareiro, Zurrumalla, Xurxo Souto&Richi Casás, Os Parabéns, Balura, Tribo, e Tradivivas Agra.
Encontro do asociacionismo cultural de base. As directivas das entidades pertencentes a Galiza Cultura (e quen quixer…) reuniranse ás 12.15 no auditorio da Casa-Museo Manuel María para articular a súa actuación en común
Concerto na Praza das Praterias. Xuño 2023
Concerto coa participación do coro Crecente, Coral Solfa e Aires de Bergantiños na Praza das Praterías o próximo sábado, 17 de xuño, ás 20h.
Orgullo de Pais. Riqueza. Riqueza cultural e musical enorme. Desde Bergantiños até Compostela, a música tradicional trasládanos ao pasado, móstranos o presente para construír o futuro.
Hoxe, somos nós o elo transmisor dese legado. Temos o deber de agrandalo, creando desde o noso para contribuír, así, ao enriquecemento da nosa cultura. Ninguén o vai facer por nós.
Mil primaveras máis para o noso canto.