Visita ao Panteón Real
O sábado, 25 de novembro de 2023, ás 11:45, VÍA GALEGA, en colaboración coa Agrupación Cultural O Galo e coa Asociación Cultural e Musical Solfa, organiza unha visita guiada ao Panteón Real, situado na catedral de Santiago de Compostela, símbolo da importancia histórica e do poder e vontade do Reino de Galiza, onde están soterrados reis e personalidades do Reino de Galiza. A visita será guiada por Ramón Yzquierdo Peiró, Director Técnico do Museo da Catedral de Santiago.
Contamos con 30 prazas. Por tanto, todas as persoas interesadas en asistir teñen que inscribirse no correo compostela@viagalega.gal antes deste próximo xoves, día 23. As prazas serán asignadas por orde inscrición e necesitamos que nos facilitedes o nome, dous apelidos e o número do DI.