Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Musigalizando 2011

Musigalizando 2011

Concerto o día 28 de xuño, ás 20.00h. Na Praza da Quintana.

Por quinto ano consecutivo, a Asociación Cultural-Musical Solfa, a Banda da Escola de Música de Rianxo e a Banda da Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia, baixo o patrocinio da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e coa colaboración do Concello de Santiago, organizamos un campamento Musical en Gandarío, que se desenvolve na semana do 22 ao 28 de xuño co nome de Musigalizando. Con esta son xa cinco edicións.

Aos compoñentes das tres agrupacións, sumáronse instrumentistas da  Banda de música de Padrón e da Banda de Música da Golada. Con máis de 90 integrantes puidemos conformar a Banda Xuvenil e a Banda Sinfónica. Días de traballo, esforzo e superación que culminarán nun grande concerto na Praza da Quintana o día 28 de xuño, ás 20.00h. E permanecerán nas nosas vidas eses recordos, gravados no noso maxín, nos que a amizade, as boas relacións e o respecto entre todos e todas fan que as bandas de música ocupen un lugar privilexiado nas nosas vidas.

O pobo galego posúe unha riqueza musical que non ten límites, son moitos milleiros de persoas e asociacións que se moven ao redor da música. Máis de 5000 mozos e mozas, nenos e nenas integran estas agrupacións bandísticas. Musigalizando forma parte deste grande puzle musical que axuda a conservar, construír e querer o patrimonio cultural e musical de Galiza.

Programa Musigalizando 2011