Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Cantar a nación. Aniversario da estrea do himno galego

Cantar a nación. Aniversario da estrea do himno galego

A coral da asociación cultural e musical Solfa vai participar no acto que Vía Galega e Galiza Cultura están organizando por toda Galiza para conmemorar que o día 20 de decembro de 1907 se interpretaba por primeira vez, solemnemente, o himno nacional galego no Gran Teatro da Habana. Este fito histórico tan relevante non podía pasar desapercibido para Vía Galega e Galiza Cultura pola importancia que o himno, como símbolo nacional, ten para fortalecer a nosa autoestima e para cohesionarnos colectivamente.

Convidámoste a asistir ao acto de conmemoración desta efeméride e reclamar a restauración do texto do himno conforme ao texto orixinal, composto por Eduardo Pondal. O acto comezará as 20h. no Teatro Principal de Compostela.

Entrada gratuíta até completar o aforo.

https://viagalega.gal/actividades/

Galería de imaxes do acto Cantar a Nación