Concerto de Corais de Compostela. Ascensión 2013
Festas en Santiago. O día, 11 de maio, sábado, ás 18.00h. as corais de Compostela darán distintos concertos pola zona vella. Comezarán ás 17.40h. na Praza das Praterías coa Coral Asubío e Voces do Camiño e remata ás 20.00h. na mesma Praza das Praterías formando unha única coral. Animamos a tod@s amig@s das corais que participen dun sábado coralístico con nós.
Actuacións:
Asubío e Voces do Camiño ás 17:40 h na Praza das Praterías
Solfa e Castiñeiriño ás 18:00 h no Toural
Coto da Nai e Pontemantible ás 18:20 h na Rúa Nova
Santa Susana e Irmán Gomez ás 18:40h en correos
Amigos de Compostela e A Salle ás 19:00 h en Cervantes
A Xuntanza, Xúbilo e Castrosúa ás 19:20 h na Quíntana
Para rematar as 13 corais, en Praterías ás 20.00h. interpretarán 5 temas conxuntamente:
- Velaí Vai
- Mariñeiro
- Lela
- Voso Galo
- Pandeirada da Choiva