Concertos, conferencias e teatro na Semana Cultural de Solfa: Xuño 2013
Do 25 ao 28 de xuño de 2013 vaise celebrar no Centro Sociocultural das Fontiñas a Semana Cultural de Solfa.
A Asociación Cultural e Musical Solfa ten o pracer de convidarte a que participes nesta semana cultural chea de concertos ofrecidos polos alumn@s de Solfa, disertar sobre temas de actualidade e coñecer a obra de poetas, tan relevantes, como Rosalía de Castro.
Poñerá broche final, a esta semana, o coro e banda de música de Solfa.