Exposición itinerante do Carrabouxo
Convidamos a todos os alumn@s e soci@s de Solfa á inauguración da exposición dos debuxos do Carrabouxo. Contaremos con Xosé Lois, O Carrabouxo, debuxante humorístico extraordinario e proxectarase unha película dos seus debuxos.
Que mellor comezo do curso de Solfa con humor e en colaboración coa Asociación Cultural o Galo.
Esperamos por tod@s vós o día 2 de outubro, mércores, ás 19.30 no Centro Sociocultural das Fontiñas.
Para máis información: http://www.carrabouxo.es/