Convivio da Cultura Galega na Casa Museo de Manuel María
Sábado 12 de xullo de 2014 en Outeiro de Rei (Lugo)
Programa
10:45 As Bandas de Música de Solfa, Rábade e Begonte recíbennos na praza do concello.
11:00 Palabras de benvida da organización no Auditorio Manuel María.
11:15 Actuación do grupo de teatro da A. C. Medúlio de Ferrol.
11:30 Breve presentación da Casa Museo Manuel María e visita guiada (por grupos). Simultaneamente, proxección de audiovisuais.
12:30 Saída para a carballeira de Sta. Isabel con parada no cemiterio de Outeiro para realizar unha ofrenda á Manuel María. Na carballeira, actuación da Banda de Música de Rábade e Begonte, dirixida por Armando Morales; a Coral e Banda de música de Solfa dirixidas por Francisco Tobar e Fernando Rei, intercalándose con outras manifestacións culturais.
14:00 Xantar demorado para dar tempo a cantar, bailar e conversar (vós traedes a comida e nós poñemos as mesas e cadeiras).
17:45 Para a xente máis miúda: contacontos a cargo de “Fabaloba”: “O neno e a estrela” (sobre Díaz Castro) Para o resto: música, xogos, paseo á beira do Miño…
18:45 Actuación musical de peche: Pepe Vaamonde Grupo.