Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Concerto «Irmandade Coral Galiza – Euskal Herria» . 1º de maio

Concerto «Irmandade Coral Galiza – Euskal Herria» . 1º de maio

basco

 

 A Escola de Ensino Galego Semente, o 1 de maio, ás 18.30h. no CEIP Apóstolo Santiago en Compostela organiza un encontro entre tres corais bascas e unha coral galega e convidan a cidadanía de Compostela a esta irmandade musical.

A música une os nosos pobos no mes de Maio, co poema «O Maio«, de Curros Enríquez interpretado conxuntamente polas catro corais, como tema central do concerto, que se presenta como unha mostra das identidades musicais da tradición coral galega e basca.

A Semente é un proxecto educativo autoxestionado, popular e sen ánimo de lucro, que ten entre os seus principios, a interculturalidade e este concerto pretende irmandar as nosas linguas e culturas propias.

  • Coral Xumela
  • Coral Monte Txio de Zarauz
  • Coral Olagarro de Ondarribia
  • Coral Solfa de Compostela