22 de Maio. VII Seminario sobre a memoria
A Coral de Solfa é convidada a participar no VII seminario sobre a memoria, organizado por Nova Escola Galega en Gres, Ponte Ledesma, o día 22 de maio. Reconstruír a memoria histórica no contexto escolar, a despiadada depuración sufrida polo maxisterio e, especificamente, a violencia exercida sobre as mulleres antifranquistas que foron represaliadas… é o eixe sobre o que xirarán estas xornadas.
Coa participación da coral de Solfa lembraremos a grandes poetas cuxa obra segue vixente na actualidade: Ramón Cabanillas, Rosalía, Manuel María… Coñecer o noso pasado é saber quen somos, e a nosa asociación, Solfa, está polo labor de contribuír a que a nosa memoria non morra.