Concerto nas Praterías
Sábado día 10 de xuño ás 19.00h. na Praza das Praterias.
Actúan:
- Coral Ensaio da escola municipal de música da Póvoa de Varzim
- Coral da Asociación Cultural e Musical Solfa
- Banda de música de Solfa de Compostela
As dúas corais cantaremos nun espazo cheo de historia, a escasos metros do Panteón Real da Catedral de Santiago que acolle os restos de Reis de Galiza: Fernando II, Afonso VIII a Raíña Berenguela e outros nobres como Xoana de Castro, Raimundo do Borgoña… que foron algúns dos personaxes insignes do Reino de Galiza, época en que o galego era o idioma da Corte Real e moi valorado en toda a cristiandade. A independencia de Portugal do Reino de Galiza trouxo séculos de separación, a pesar dos cales mantemos un idioma Galego-Portugués que nos une e co que imos deleitar os espectadores.
Con este nexo común do idioma milenario interpretaremos música clásica e tradicional portuguesa e galega.