Visita guiada á exposición Alba de Gloria en San Domingos de Bonaval
A Asociación cultural e musical Solfa e a AC. O Galo convidámoste este próximo venres, 22 de febreiro de 2019, ás 17.30h. á visita guiada á Alba de Gloria. Esta exposición reconstrúe na realidade virtual unha aproximación “única e emocional” en palabras do comisario Manuel Gago o discurso que Castelao dirixiu aos emigrantes en Bos Aires o 25 de xullo de 1948.
Neste último discurso público, Castelao recolle a historia de Galiza, representada por unha Santa Compaña de inmortais que loitaron pola nosa identidade.
As explicación sobre esta exposición, que se clausura a primeiros de marzo, correrá a cargo de Mª Antonia Pérez, presidenta do Galo. Como agasallo entrégase a cada asistent@ un libriño co texto Alba de Gloria.
Máis información sobre a exposición
Pregamos comunicar por correo electrónico: luciacarreira@mundo-r.com ou no teléfono 676675030.