Concerto no Salón Teatro da Coral e Banda de música de Solfa en Compostela
O 20 de xuño, venres, ás 20.30h. a Asociación Cultural e Musical Solfa celebra no Salón Teatro de Compostela o final de curso cun concerto da Coral e Banda de música de Solfa.
A Coral interpretará un extenso repertorio que vai desde poemas do século XVI de Luís de Camões até poetas do S. XX como Celso Emilio Ferreiro e Manuel María, o noso poeta nacional, sempre sen descoidar a presenza da música popular. Con orgullo e responsabilidade á hora de interpretalos e baixo a dirección de Francisco Tobar Cereijo daremos comezo a este concerto.
Seguidamente a Banda de música dirixida por Fernando Rey Mayo interpretará un repertorio de bandas sonoras de películas moi coñecidas. Tentaremos que o público pase un momento moi agradábel.
Programa
Coral de Solfa. Director: Francisco Tobar Cereijo
- Verdes son os campos de Luís de Camoés. Música de Zeca Afonso
- O Carro de Manuel María. Música de Baldomero Iglesias Dobarrio
- María Soliña de Celso Emilio Ferreiro. Arr.: de Francisco Tobar Cereijo
- Torre de Hércules de Francisco Añón. Arr-: de Francisco Tobar Cereijo
- Monte Viso de Carlos Rodríguez. Arr.: Francisco Tobar Cereijo
- Jingle Popular brasileira. Arra.: Mº. Marum S. Alexander
- Fisterra Popular. Arr.: Francisco Tobar Cereijo
Banda de música de Solfa. Director: Fernando Rei Maio
- A máscara do Zorro de J. Horner
- Danzando con lobos de J. Bocook
- Parque Xurásico de J. Williams
- Titanic de J. Horner
- Piratas do Caribe de K. Badelt
- Foise co vento de M. Steiner
- Mar adentro de A. Amenabar