Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Éxito de público e explosión de entusiasmo para o coro e banda de Solfa

Éxito de público e explosión de entusiasmo para o coro e banda de Solfa

publicoComentario recollida da web da Sociedade Cultural Medulio:

500 persoas gozan con música e cancións na nosa lingua no Teatro Jofre.

A actuación do coro e a orquestra da Asociación Solfa, organizada por Medulio, o domingo  19 ás 19 horas no Teatro Jofre, non foi só un éxito de público. Foi tamén unha reacción de admiración perante a harmonía e transparencia dun coro, dirixido por Francisco Tobar Cereixo,  que nos deleitou con poemas musicados de Manuel María, Celso Emilio Ferreiro e Camôes, cancións populares galegas e portuguesas e mesmo un anaquiño do Don Xoán De Mozart.  Todo en lingua galego-portuguesa, un caso singular na Galiza.

coroA admiración  pasou a entusiasmo in crescendo coa audición de tres pezas sinfónicas executadas, baixo  a dirección de Fernando Rei Maio,  pola banda de mozos, mozas, nenos e nenas, A freixa, Festa  na Tolda e Monte Medulio. Esta última enleou o  público  nunha atmosfera de tensión, emoción e terror, mudada  ao cabo polas notas de esperanza, todo  como visto, ouvido e vivido hoxe.  Non esaxeramos se transmitimos a todas as persoas que compoñen esta meritoria Asociación musical o agradecemento e os parabéns da totalidade dos asistentes ao seu concerto  do Teatro Jofre.

orquestra

A Sociedade Medulio comprométese a que a nosa cita con Solfa sexa, cando menos,  anual.  Grazas por tanta fermosura, bo facer e dignidade.