Concerto da Coral de Solfa en Colmenar Viejo – Madrid
O día 8 de novembro, sábado, a coral de Solfa trasladarase a Colmenar Viejo (Madrid) e no Auditorio da Xuventude de dita localidade, ás 19.30h. dará comezo o concerto coa coral El Canto.
A nosa coral fará un repaso amplo de cancións populares galegas, portuguesas e sempre con presenza rigorosa dos textos dos nosos poetas. E para finalizar e baixo a dirección de Francisco Tobar Cereijo as dúas corais interpretaremos “O voso galo, comadre” e “Negra Sombra”.
Programa do Concerto da Coral de Solfa en Colmenar Viejo – Madrid