22 de abril. Multitude de homenaxes a Manuel María nesta fin de semana
Moitas asociacións culturais da Galiza, nesta fin de semana, poñerémoslle voz ao poeta Manuel María. A Mesa pola Normalización Lingüística, a Agrupación Cultural o Galo e a Asociación Cultural Musical Solfa sumámonos a estas homenaxes a Manuel. A cita será o día 22 de abril, ás 19.30h. na Praza de Cervantes, coincidindo esta fin de semana co día do libro e do ano que se lle dedica a Manuel o Día das Letras Galegas.
Queremos homenaxear a un home entregado á cultura e á lingua deste País. Deixou unha obra dunha valía indescritíbel en que reflicte a realidade social, política e cultural desa época. Agasallo tan grande só pode ser obra dun home dunha talla intelectual e de grande sabedoría en que con ilusión queremos colaborar en difundir e gozar da súa grandiosa obra.
O Carro, O Cuco… son poemas que a nosa coral interpretará despois dunha lectura dos seus poemas.