Maniféstate pola lingua. En galego sen limites!
#17MQueremosGalego
A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 500 colectivos sociais, da que forma parte a Asociación cultural e musical Solfa, fai unha convocatoria dunha multitudinaria manifestación para o 17 de maio baixo o lema “en galego sen límites”. A manifestación percorrerá as rúas de Santiago de Compostela saíndo ás 12h da Alameda.
Esta plataforma pretende pór en evidencia os obstáculos para vivir en galego e a necesidade de superalos colectivamente. Marcos Maceira: “É hora de que a Xunta de Feixó corresponda a dignidade que o pobo mostra mantendo viva a súa lingua”
“A exclusión sistemática do galego de tantos espazos é mostra do Apartheid lingüístico legalizado no que aínda vivimos”…
Toda información en http://www.queremosgalego.gal