Aberto o prazo de matrícula na Escola de Música de Solfa curso 25/26
A Asociación Cultural Musical Solfa preséntavos a nova proposta de actividades para o curso 2025-2026
Oferta musical:
-
-
-
-
- Coro
- Pandeireta
- Baile tradicional
-
-
-
Horarios:
Coral de adultos
Ensaios: Luns e mércores, de 20:00 a 21:30 h.
Pandeireta (tres grupos):
- Iniciación: luns, de 17:00 a 18:00 h.
- Perfeccionamento I: luns, de 18:00 a 19:00 h.
- Perfeccionamento II: luns, de 19:00 a 20:00 h.
Baile tradicional
- Iniciación: mércores, de 18:00 a 19:00 h.
- Perfeccionamento: mércores, de 19:00 a 20:00 h.
Prezos:
- Socios/as: 3 €/mes
- Cada disciplina: 12 €
- As cotas deberán estar domiciliadas
Lugar:
As actividades desenvolveranse no Centro Sociocultural das Fontiñas.
Prazo de matrícula:
Do 15 ao 19 de setembro de 2025.
Teléfono: 676 675 030 (atenderase en horario de 16:00 a 20:00 h.)
Correo electrónico: asociacionsolfa@asociacionsolfa.gal
As persoas xa matriculadas en anos anteriores só teñen que confirmar que continúan.
XII edición do Convivio da Cultura Galega
O sábado 12 de xullo celebrarase a XIIª edición do Convivio da Cultura Galega, cunha xornada dedicada á figura de Manuel María. O encontro comezará ás 11:15 h na horta da Casa-Museo Manuel María, coa música da coral Solfa. A continuación, realizarase unha homenaxe no cemiterio a Manuel María e Saleta.
Ás 12:30 h, en Santa Isabel, terá lugar a actuación da Banda Sons e Soños, acompañada por Branca Villares, quen interpretará pezas baseadas na obra do poeta.
O xantar en convivio será compartido (cada quen leva a súa comida; a organización proporciona mesas e cadeiras). Para reservar sitio, cómpre avisar antes das 14 h do mércores 9 de xullo por WhatsApp (698 177 621) ou correo (contacto@casamuseomanuelmaria.gal).
A tarde continuará ás 16:30 h cunha foliada conducida por Xurxo Souto, na que participarán grupos como Mestura de Nete, Foliadeir@s do Castro, Música na Eira, Tradivivas Agra, Reviravolta e Parabéns.
Agardámosvos o sábado 12 de xullo en Outeiro!
Vía Galega e Galiza Cultura organizan un acto de admiración e homenaxe a Castelao
Castelao Sempre en Galiza
Homenaxe a Castelao, venres, 27 de xuño, ás 20h. no Panteón de Galegos ilustres.
Convite
Concerto na Praza das Praterías
O vindeiro sábado, 21 de xuño, ás 20:00 h, na Praza das Praterías de Compostela, terá lugar o concerto organizado pola Asociación Cultural e Musical Solfa, no que actuará como coral convidada a Coral Polifónica de Melide.
Traballo, esforzo e emoción non han faltar. Somos cada vez máis as agrupacións que, con maior ou menor implicación, sentimos a necesidade de beber da música tradicional e dos textos dos nosos escritores e escritoras, conscientes de que un pobo que non canta o seu, non ten futuro.
Con este concerto, contribuímos a preservar e transmitir un legado que debemos agrandar e enriquecer, mantendo viva a nosa identidade a través da música.
Este evento conta coa colaboración da Deputación da Coruña.
Programa do Concerto
Concerto final de curso 24/25
A Asociación Cultural e Musical Solfa celebrará o vindeiro luns, 16 de xuño, o seu concerto de fin de curso coa participación do grupo de baile, o grupo de pandereteiras e mais a coral de Solfa.
O concerto terá lugar no Centro Sociocultural das Fontiñas ás 19:00 horas, e estades todas e todos convidados a asistir.
Este evento conta coa colaboración da Deputación da Coruña.










