Asemblea xeral dos socios e socias de Solfa
Convocatoria dos socios/as da Asociación Cultural e Musical Solfa para o día 4 de abril, xoves, ás 17h. en primeira convocatoria e ás 17.30h. en segunda convocatoria no Centro Sociocultural das Fontiñas.
Orde do día
- Dar conta das actividades realizadas no ano 2023
- Aprobación se procede do balance de ingresos e gastos do exercicio do 2023
- Memoria de actividades para realizar no ano 2024
- Orzamento para o exercicio 2024
- Rogos e preguntas
- Varios
Unha vez rematada a asemblea ordinaria comezará a extraordinaria para proceder a elección da nova directiva. Deberán presentarse as propostas antes das 14h. do día 2 de abril.
Elixiranse: Presidente@, vicepresident@, secretari@ e 4 vogais. O lugar de presentación das propostas será por correo electrónico ao enderezo da asociación: asociacionsolfa@asociacionsolfa.gal ou ben no centro sociocultural das Fontiñas nun sobre pechado a nome da Asociación cultural e musical Solfa.
O que trasladamos co fin de que todos os socios/as participedes destas asembleas
Santiago, 14 de marzo de 2024
A Presidenta de Solfa,
Asdo.: Lucía Carreira.
Homenaxe a Rosalía. Sábado, 24 de febreiro, en San Domingos de Bonaval
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro e convida a participar á Asociación cultural e musical Solfa deste Acto.
Nesta edición de 2024, Carlos Callón é a persoa encargada da redacción do Manifesto da AELG, que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, o sábado 24 de febreiro ás 12:00 horas no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela. A coral Solfa no desenvolvemento deste acto interpretará dous poemas:
- A Rosalía poema de M. Curros Enríquez (Música de José Alfredo Oliveira)
- Estreo da obra, Campanas de Bastavales poema de Rosalía de Castro (Música de Xosé Carlos Seráns Olveira)
Cantar a nación. Aniversario da estrea do himno galego
A coral da asociación cultural e musical Solfa vai participar no acto que Vía Galega e Galiza Cultura están organizando por toda Galiza para conmemorar que o día 20 de decembro de 1907 se interpretaba por primeira vez, solemnemente, o himno nacional galego no Gran Teatro da Habana. Este fito histórico tan relevante non podía pasar desapercibido para Vía Galega e Galiza Cultura pola importancia que o himno, como símbolo nacional, ten para fortalecer a nosa autoestima e para cohesionarnos colectivamente.
Convidámoste a asistir ao acto de conmemoración desta efeméride e reclamar a restauración do texto do himno conforme ao texto orixinal, composto por Eduardo Pondal. O acto comezará as 20h. no Teatro Principal de Compostela.
Entrada gratuíta até completar o aforo.
A Nosa Historia: A Música Galega no Tempo
Desde os albores do cultivo escrito do galego até os nosos días existiu un estreito vínculo entre poesía e música. Imos realizar un paseo ao longo da historia observando este vínculo na cultura galega.
A Asociación cultural e musical Solfa, para este percorrido, conta con Gabi Reboredo, músico e profesor de música tradicional que o próximo día 18 de decembro, ás 19h. No Centro sociocultural das Fontiñas disertará sobre a Evolución da Música Tradicional Galega.
O día 19 de decembro, será Pilar Reino, profesora xubilada de Lingua e Literatura Galega e Portugués no IES Xelmírez I (Compostela), a que baixo o título: A quen canta Solfa? A literatura galega no repertorio de Solfa levaranos a descubrir e coñecer algo máis da nosa historia.
Coa proxección dos vídeos realizados pola Coral de Solfa
A quen canta Solfa? A literatura galega no repertorio de Solfa (por Pilar Reino)