Cargando imaxes...
Asociación Solfa

Aberto o prazo de matrícula na Asociación Cultural e Musical de Solfa curso 26/27

A Asociación Cultural Musical Solfa preséntavos a nova proposta de actividades para o curso 2026-2027.

Oferta musical:

  • Coro
  • Pandeireta
  • Baile tradicional

Horarios:

Coral de adultos
Ensaios: Luns e mércores, de 20:00 a 21:30 h.

Pandeireta (tres grupos):

  • Iniciación: luns, de 17:00 a 18:00 h.
  • Perfeccionamento I: luns, de 18:00 a 19:00 h.
  • Perfeccionamento II: luns, de 19:00 a 20:00 h.

Baile tradicional

  • Iniciación: mércores, de 18:00 a 19:00 h.
  • Perfeccionamento: mércores, de 19:00 a 20:00 h.

Prezos:

  • Socios/as: 3 €/mes
  • Cada disciplina: 12 €
  • As cotas deberán estar domiciliadas

Lugar:

As actividades desenvolveranse no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Prazo de matrícula:

Do 14 ao 18 de setembro de 2026.
Teléfono: 676 675 030 (atenderase en horario de 17:00 a 20:00 h.)
Correo electrónico: asociacionsolfa@asociacionsolfa.gal

As persoas xa matriculadas en anos anteriores só teñen que confirmar que continúan.

Domiciliación-bancaria

Formulario-alta-en-Solfa

Información da matrícula

50 anos do conflito lingüístico. Acto con Francisco Rodríguez

O pasado 10 de marzo cumpríronse 50 anos da publicación do libro Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza, de Francisco Rodríguez, editado por Xistral na súa colección Alexandre Bóveda.

Con este motivo, Galiza Cultura, a Federación de Asociacións Culturais Galegas, organiza un acto no que Francisco Rodríguez pronunciará a conferencia «Normalización versus asimilación: 50 anos do conflito lingüístico».

O acto terá lugar o vindeiro 15 de xullo, ás 19.30 horas, no Espazo Sociocultural Moncho Reboiras (Avenida de Lugo, 219, baixo).

A Asociación Cultural e Musical Solfa forma parte de Galiza Cultura e, como entidade integrante desta federación, participa neste acto e fai un chamamento a todas as socias e socios para que asistan a esta conferencia, que consideramos de especial interese e plena actualidade.

Nun momento no que a nosa lingua sofre continuas agresións e intentos de marxinación e substitución, cremos que é importante reflexionar sobre a súa situación e sobre os retos que temos por diante.

 

Vídeo do Concerto As Rúas do Vento Ceibe

 

Gravación en directo do concerto celebrado no Auditorio de Galicia o sábado 30 de maio de 2026

XIII Convivio da Cultura Galega en Santa Isabel, Outeiro de Rei

Un ano máis, a Coral de Solfa participa o sábado, 11 de xullo, na XIII edición do Convivio da Cultura Galega en Outeiro de Rei.

A xornada iniciarase ás 11.15 h na Casa-Museo Manuel María, punto de encontro onde a Coral de Solfa poñerá voz a varios poemas de Manuel María. De alí, ás 11.45 h, sairemos camiñando, ao son das gaitas, cara ao cemiterio, onde levaremos a cabo un pequeno acto en lembranza de Manuel María e de Saleta. A continuación, trasladarémonos ao campo de Santa Isabel.

Xa en Santa Isabel, ao pé do río Miño, e antes do xantar, ás 12.30 h, terá lugar a actuación da Banda de Música Sons e Soños de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei e Friol, dirixida por Armando Morales. Nesta ocasión, a banda estará acompañada por Uxía, que, ademais de interpretar unha serie de composicións conxuntamente coa formación, cantará en solitario algunhas pezas do seu último traballo, dedicado a Begoña Caamaño.

A festa continuará pola tarde, ás 16.30 h, cunha foliada conducida por Xurxo Souto, na que non faltará a música de Sons da Chaira, Música na Eira, Mestura de Nete, o grupo de cantos de taberna de Xermolos, Tradivivas Agra e Parabéns.

Concerto final de curso 2026

A Asociación Cultural e Musical Solfa celebrará o luns 22 de xuño o seu Concerto de fin de Curso 2026, coa participación do grupo de baile, o grupo de pandeireteiras e da Coral de Solfa. O concerto terá lugar no Centro Sociocultural das Fontiñas ás 19:00 horas. Como cada ano, esta actuación servirá para compartir co público o traballo realizado ao longo do curso polas diferentes seccións da asociación. A entrada é libre e estades todas e todos convidados a asistir. Este evento conta coa colaboración da Deputación da Coruña.